viernes, 22 de junio de 2007

Noite de teatro en A Estrada

Teño que confesarme. Non son un estradense calquera como descríbome neste blog. ¿Qué por qué digo isto? Porque son dos poucos estradenses, que por desgracia, non foi a ver Ensalada de Mosquito, aquela versión do Lindo Don Diego saída das mans dos Tirinautas de Lueiro.
Pero hoxe, non quixen perderme a oportunidade de ir a ver a nova obra da escola de teatro municipal. Opera de Patacón, e de verdade, quedei abraiado.
A Ópera de Patacón, non é unha ópera normal, xa que os seus protagonistas son bandidos dunha decadente e zarapastrosa Asociación dos amantes da Ópera Italiana.
Nesta edición, conseguen os cartos para contarnos a historia de Mackie Navallas... ¿Queredes saber máis? Pois o próximo domingo, teredes outra oportunidade (quizáis a derradeira se o Concello non lles deixa facer máis pases) e volverá a ser gratuíta, aínda que xa non contaredes coa música do Conservatorio de A Estrada, que so actuou na noite de hoxe.
Os actores, impresionantes, rebosaron humor e en especial, a parella Chelo do Rejo e Fran Ameijeiras, que para min estiveron espectaculares.
Pero o resto do elenco de actores, estivo fenomenal, ríndome os seus pes. Así que so podo dicir isto: Ana Puente, Chelo do Rejo, Fran Ameijeiras, Celeste Tato, Ánxela Sanmartín, Lorena Rozados, Eva Filloy, Patricia Rey, Bandido, Begoña Penas, Ana María Mañá, Saly Torres, Manuel Abelleira, Francisco Campos, María Jesús Sánchez, Mercedes Martínez y Gonzalo Valcárcel... ¡Noraboa e grazas por esta gran noite de teatro!
Ah que non me lembraba, como o anterior concello, como en case todas as actividades culturais do pobo, apenas axudou a escola, os actores pediron dunha maneira peculiar un donativo para poder seguir contándonos historias tan boas como a de hoxe. A maneira foi graciosa, colocaron uns cestos no hall do teatro no que a xente podería votar a súa vontade. E podo dicir, sen medo a esaxerar, que é a primeira vez que vin máis billetes que monedas en algo solidario. Pero e que os actores non se merecían outra cosa, estamos de noraboa por ter unha escola de teatro tan boa.

No hay comentarios:

 
/* Comenta
*/