viernes, 24 de agosto de 2007

¿Por qué nunca seremos Lalín?

Xa é sabido, que o crecemento que está "sufrindo" Lalín é abraiante. Quizaves é porque eles teñen políticos que sí que se moven polo seu pobo e non polos seus intereses personales ou que a lo menos, fan as dúas cousas.
Fai anos, comparar Lalín co noso pobo, era irrisorio, porque estábamos bastante máis ¿avanzados? Pero as tornas trocaron bastante nos 10 últimos anos. So temos que comparar os nosos polígonos industriais, as nosas festas locáis, os centros comerciales, os accesos, as zonas deportivas ou incluso, as nosas festas gastronómicas.

Pero aínda que pareza mentira, o último pareceume incluso máis abraiante, algo que reflexa máis quen é quen no eido galego (e xa, agora, e xa fai uns anos, sen poderlle achacar que todo esto ven da man de Cuíña). Como ben ía dicindo, o último pareceume máis abraiante: "La Xunta crea otra línea de ´Noitebús´ por las zonas más pobladas de Lalín". Eles sí que saben facer as cousas. ¿Cantos pais e nais estradenses durmirían máis tranquilos se os seus fillos non tivesen que coller o coche para volver de saír de marcha? ¿Cantos accidentes e mortes por mesturar o alcol é a conducción aforraríamos? A resposta é cero, nada, ningún, porque nunca seremos Lalín.

Ler Máis...

martes, 21 de agosto de 2007

Dono actúa como Chito Campos

Teño que confesarme, eu son dos que votou os socialistas nesta lexislatura. As razóns foron diversas:

- Últimamente estoy más de acordo coa política de esquerdas do PSOE (tanto no eido nacional como na Xunta) que co nacionalismo de esquerdas do Bloque, pese que sego a crer nas súas ideas.
- A lista do PSOE era a mellor para estas municipais, a do bloque persoalmente ao meu parecer non había por onde collela (pese a ter o mellor plan de goberno), Raquel non me convencía como alcaldesa de A Estrada (pena que Gonzalo Constenla se abrese a horizontes máis lonxanos) e xa non quero nin falar do PP porque non tiña nin lista nin programa para gobernar en A Estrada, o único que dixeron para gañar estas pasadas eleccións era que xa non eran o grupo de Chito Campos.
- Un goberno en coalición. Creo que ninguén no pobo, parándose a pensalo ben, pensase que o PP ía baixar tanto e que o PSOE podería gobernar en solitario. Eu era dos que pensaba, que daba igual votar a un que ao outro, porque gobernarían xuntos. Polo tanto o meu voto foi para o PSOE pensando que se gañaba, o PSOE tería máis xente da súa lista (como xa dixen ao meu parecer era mellor) e poderían coller puntos do programa do Bloque (que me gustaba máis para o noso pobo). Pero como todos sabemos iso foise a pique.

E houbo algunha máis, pero as máis importantes foron esas. ¿Por qué digo isto? Porque cada día estoume a dar máis de conta de que Dono vai a actuar igual que Chito, cubríndose de gloria con mentiras, demagoxias e actitudes chulescas.
Todo comezou coa ruptura do pacto de goberno de coalición que tiñan en Galicia o PSOE e o Bloque, o excesivo soldo que atreveuse a pedir (en plan... "Eu non me metin na política a perder cartos" ou o que sería peor "Eu metinme na política para gañar cartos"), o continuo aplazamento do PXOM (todos tíñamos claro que o PXOM non se ía a aprobar en seis meses, pero Dono e o seu partido meteron bastante a pata ao proclamalo ós catro ventos) e o tema que matoume hoxe, foi a pronunciación de Dono sobre a Biblioteca no Faro de Vigo, que aquí plasmarei e analizarei.


El alcalde de A Estrada, José Antonio Dono, informó en la mañana de ayer de la intención de su ejecutivo de poner en marcha un plan de mejora para la biblioteca municipal. No obstante, el regidor local quiso hace hincapié en que estas instalaciones municipales no pueden compararse con las de una biblioteca universitaria. "Entendendo que pode haber certos problemas que se deben subsanar, os estradenses teñen que entender que é unha biblioteca municipal", apuntó Dono, quien también quiso subrayar que los socialistas barajan desde hace tiempo medidas encaminadas a ampliar el horario de este servicio y su fondo bibliográfico, contribuyendo a actualizar algunos de los ejemplares de consulta en beneficio de los usuarios.

Sr alcalde, os estudantes estradenses non somos estúpidos. Sabemos que unha biblioteca municipal non pode compararse a unha biblioteca universitaria. Sabemos que un concello non pode gastar os cartos que gasta unha universidade en libros e instalacións. Iso o comprendemos e o aceptamos, o que non entendemos é moitas cousas das que fala a posteriori.

El alcalde recalcó que "non é certo que a banda ensaie" en verano y por las mañanas en el mismo edificio en el que se encuentra instalada esta biblioteca y reconoció que las limitaciones de personal obligan a reducir el horario en los meses de estío. La intención del concello es que las puertas de la biblioteca estén abiertas al público en un horario más amplio. Sin embargo, tanto Dono como el edil de Cultura, Manuel Sanmartín, recordaron que estas dependencias se abrieron hace años también por las tardes durante el verano, registrando una "afluencia mínima". La administración municipal estudiará, previsiblemente después del verano, actuaciones que permitan introducir ciertas mejoras en el servicio que se presta a los usuarios.

Tócate os collóns. ¿Que a banda non ensaia en verán? Entón debemos de estar tolos os que vamos alí a estudiar e poñémonos de acordo para escoitar psicofonías que realmente non existen. Tamén escoitar. Se o que di Dono non é unha burda mentira, deberíamos avisar a Iker Jiménez porque menudas pantasmas máis crueles as do edificio de usos múltiples de Estrada, que castigan ós estudantes con pasarruas.
Despois, o señor Dono achaca que o horario de verano é polas limitacións de personal. Pois eu conto que hai polo menos 3 empregados na biblioteca e polas mañáns traballan 1 ou excepcionalmente 2. Vamos que ou moi mal se turna esta xente ou non atopo limitación algunha. De todas formas seguro que ao concello non lle custaría moito contratar a unha ou duas persoas para facer un turno de 5 ou 6 horas ao dia nese horario de verán.
E o da afluencia mínima xa cáusame máis estupefacción, porque vexo bastante estúpido a desculpa de que como vai pouca xente o mellor é non abrir. A biblioteca señores do executivo local, non é un bar de tapas, non é unha carnicería onde se vai pouca xente, a materia prima bótase a perder. Ademáis, vamos a poñer as cousas claras, os empregados da biblioteca non fan nada máis que ler o periódico e prestar algún libro (cousa que non debe pasar moi amenudo porque ninguén debe querer levarse un libro roto para casa) e teñen o mesmo traballo con cincuenta persoas que con sete, así que esa escusa é tan absurda que ata é graciosa.
E a ver se nos enteramos, por moita mellora que se faga no actual emplazamento da biblioteca, seguirá sendo unha chapuza, tapar un error con outro error.
A unica mellora posible na biblioteca é a do seu cambio de emplazamento, porque señor Dono, diga o que vostede diga, hai máis convocatorias que a de Setembro, existen convocatorias de exames como as de Febreiro e Xuño e ahí non hai solo que aguantar os ensaios da Banda Municipal, tamén os dos alumnos do conservatorio, o ruido do tráfico, as "mesas xeográficas" que bailan ca mínima brisa, o calor sofocante, a rapazada que vai ao "ciber gratuíto" e mil pocholadas máis.
Non me fagas arrepentirme do meu voto Dono, deixa de actuar como Chito Campos.

Ler Máis...

lunes, 20 de agosto de 2007

A nosa biblioteca

Cando comecei este blog, que teño algo abandoado por mor do verán e dos exames (a partires da metade de setembro prometo escribir todos ou case todos os días) un dos temas dos que quería falar era da nosa biblioteca, ou ese amago de biblioteca. Agora, no Faro de Vigo, apareceu un artigo moi interesante, que recordoume que teño que falar de ese lugar de estudo que non está "adecuado" para o estudo.

Non sei por onde comezar, pois a biblioteca municipal é un cúmulo de despropósitos. Comecemos pola súa situación, que é un bo punto de partida.
A Biblioteca Municipal de A Estrada, está situada na Avenida Benito Vigo, lugar bastante transitado por vehículos de todo tipo. Vehículos que non permiten a apertura das fiestras para combatir o calor sofocante que sempre, sexa a estación que sexa, hai na biblioteca (sexa polo calor normal do verán ou pola temperatura abusiva da calefacción). Pero o ruido dos vehículos, camúflase coa música clásica dos alumnos do conservatorio ou dos pasarrúas da Banda Municipal. Porque en A Estrada todo faise con cabeza e qué mellor combinación que unha Biblioteca cun Conservatorio enriba.

Pero os problemas acústicos non son os únicos. A biblioteca de A Estrada é como na novela de Carlos Ruiz Zafón, "La sombra del viento", un cemiterio de libros olvidados. Creo que non hai ningún libro de consulta que non esté desfasado, aínda que din que "habelos hailos" iso sí, poderás consultar cousas que non cambiasen nos últimos 30 anos, se non vas fodido.
As mesas, que algunhas bailan con tan só o peso de un bolígrafo, non é que estén pintadas, iso a fin de conta non molestaría. O problema é que teñen relieve, montañas e cordilleiras. Pero iso xa non é tanta culpa da biblioteca, senón de que a xente non sabe, non sabemos, coidar as nosas cousas. Aínda que deberían pensar en cambialas de unha vez, porque deben de levar máis lexislaturas das que estivo o noso Chito.

Como ben saberedes, a biblioteca está dividida en duas salas. Unha de estudo e outra de lectura. A sala de estudo, pese a ter os mesmos problemas acústicos, caloríficos e de inmobiliario, é o único lugar onde é posible estudar, ler ou concentrarse (aínda que sexa a duras penas). Para comprobar esto, simplemente hai que ir un día as 12 do medio día, abrir a porta da sala de lectura e atoparse co percal. Quinceañeiros que non teñen máis que facer, van á sala de lectura para aforrarse uns cantos cartos, porque é o que farían se fosen a onde terían que ir, a un ciber.
Porque a sala de lectura non é nada máis que iso, un puto ciber. Rapaces ocupando durante hora e media ou máis, cada conta de usuario da 90 minutos de internet, pero podes facerte as que queiras cun pouco de picaresca, uns ordenadores destinados para a consulta. Pero eles xogan a minixogos online, escoitan música, ligan polo messenger e falan alto, berran sen importarlles que nas mesas o seu carón, hai xente agobiada polos exames. Ademais co horario de verán da biblioteca, que é de 10h a 14h e que a rapazada chega sobre as 11 a berrar e a molestar sen que ninguén lles diga nada (non somos os usuarios da biblioteca os que temos que poñer orde, hai quen cobra por iso aínda que non o faga) deixan unha horiña (se hai sorte e non madrugan) para estudar.

E que o horario de verán da biblioteca ten collóns. Eu estou de acordo que que esta xente merece vacacións (pese a que ao meu parecer eses empregados están todo o ano de vacacións, sen facer nada ou lendo o periódico) pero que contraten a alguén ou que collan as vacacións nunha época menos sinalada no ámbito de estudo. Porque que a data do fin do horario de verán, sexa o 15 de setembro, un día despois da fin dos exames en moitas universidades, ten miga.

Evidentemente non sei o presuposto que manexa a Biblioteca, nin as aportacións que fai o concello, pero creo que as cousas estanse a facer moi pero que moi mal. Espero, desexo, que coa noticia do Faro de Vigo, teñamos sorte e que alguén faga algo para arranxar a nosa bibliteca, ese cúmulo de despropósitos.
En resumo, que temos unha biblioteca onde é imposible estudiar, con unhas instalacións precarias, uns libros efervescentes e un ambiente de recreo de instituto.
Unha pregunta impertinente ¿É certo que a casa da terceira idade vai quedar baleira?

Ler Máis...

viernes, 17 de agosto de 2007

¿É prioridade a compra da Torre de Guimarei?

O executivo local está interesado en mercar a Torre de Guimarei. Para conseguir tan loable fin, deberán facer de pedigüeños e pedir cartos os seus superiores da deputación, da xunta ou do goberno central.
Pero eu pregunto, sabendo a débeda que xa temos, sabendo que imos fatal no tema do pxom, no tema do comercio/industria, na demografía do pobo e que ata hai parroquias con as aceras sen rematar e sen seguridade de que se rematen... pregunto ¿É prioridade a Torre de Guimarei ou é unha forma de desviarnos dos temas que realmente fanlle falta o noso pobo?

Ler Máis...

lunes, 13 de agosto de 2007

Aínda que este blog está concebido para falar do noso pobo, as veces ves estupideces tan grandes, citas tan horripilantes, que obrigan a plasmalas. E algúns por enriba din que este foi o mellor político galego da historia, mellor presidente de nonseiqué e que aínda está nos seus cabales.

Aquí hubo una amnistía, y amnistía quiere decir no solamente mutuo perdón, sino mutuo olvido. Amnistía quiere decir amnesia, y eso, insisto, quiere decir olvidar, olvidar. (…)Todo el mundo tiene derecho a enterrar a sus muertos. Pero los muertos amontonados son de una guerra civil en la que toda la responsabilidad, toda, fue de los políticos de la II República. ¡Toda! Eso no se arregla con una Ley de la Memoria Histórica que, además, tampoco resuelve la cuestión de hasta dónde nos remontamos para saber todo lo que hay que saber. ¿Hasta las Cortes de Cádiz?

——————

(…) Si ETA vuelve a matar, será culpable, pero también quienes dan facilidades y negocian con ella sin publicidad.

Manuel Fraga, ministro franquista e presidente fundador do PP.

Ler Máis...

jueves, 2 de agosto de 2007

Limosna para Codeseda


O anterior executivo, facendo gala do seu caciquismo e electoralismo amarillista latente, comezou a construcción dunhas aceras en Codeseda sen ter aforrado para elas.
Agora as aceras están sen rematar, o concello actual di que non hai cartos (non os haberá, sabendo que o antigo goberno fixo cinco obras electoralistas sen estar aprobadas e sen saír a concurso) e os veciños de Codeseda sacaron unha reivindicativa e graciosa iniciativa.
Colocando caixas de cartón a modo de peto no medio das aceras en obras, piden limosna para poder rematalas.
¿Qué opina a oposición de este tema? Ómellor, o negocio éste de rodas que todos sabemos podería facer unha doazón altruísta, que non todo son viaxes a Arxentina.

Ler Máis...

 
/* Comenta
*/