viernes, 24 de agosto de 2007

¿Por qué nunca seremos Lalín?

Xa é sabido, que o crecemento que está "sufrindo" Lalín é abraiante. Quizaves é porque eles teñen políticos que sí que se moven polo seu pobo e non polos seus intereses personales ou que a lo menos, fan as dúas cousas.
Fai anos, comparar Lalín co noso pobo, era irrisorio, porque estábamos bastante máis ¿avanzados? Pero as tornas trocaron bastante nos 10 últimos anos. So temos que comparar os nosos polígonos industriais, as nosas festas locáis, os centros comerciales, os accesos, as zonas deportivas ou incluso, as nosas festas gastronómicas.

Pero aínda que pareza mentira, o último pareceume incluso máis abraiante, algo que reflexa máis quen é quen no eido galego (e xa, agora, e xa fai uns anos, sen poderlle achacar que todo esto ven da man de Cuíña). Como ben ía dicindo, o último pareceume máis abraiante: "La Xunta crea otra línea de ´Noitebús´ por las zonas más pobladas de Lalín". Eles sí que saben facer as cousas. ¿Cantos pais e nais estradenses durmirían máis tranquilos se os seus fillos non tivesen que coller o coche para volver de saír de marcha? ¿Cantos accidentes e mortes por mesturar o alcol é a conducción aforraríamos? A resposta é cero, nada, ningún, porque nunca seremos Lalín.

Ler Máis...

martes, 21 de agosto de 2007

Dono actúa como Chito Campos

Teño que confesarme, eu son dos que votou os socialistas nesta lexislatura. As razóns foron diversas:

- Últimamente estoy más de acordo coa política de esquerdas do PSOE (tanto no eido nacional como na Xunta) que co nacionalismo de esquerdas do Bloque, pese que sego a crer nas súas ideas.
- A lista do PSOE era a mellor para estas municipais, a do bloque persoalmente ao meu parecer non había por onde collela (pese a ter o mellor plan de goberno), Raquel non me convencía como alcaldesa de A Estrada (pena que Gonzalo Constenla se abrese a horizontes máis lonxanos) e xa non quero nin falar do PP porque non tiña nin lista nin programa para gobernar en A Estrada, o único que dixeron para gañar estas pasadas eleccións era que xa non eran o grupo de Chito Campos.
- Un goberno en coalición. Creo que ninguén no pobo, parándose a pensalo ben, pensase que o PP ía baixar tanto e que o PSOE podería gobernar en solitario. Eu era dos que pensaba, que daba igual votar a un que ao outro, porque gobernarían xuntos. Polo tanto o meu voto foi para o PSOE pensando que se gañaba, o PSOE tería máis xente da súa lista (como xa dixen ao meu parecer era mellor) e poderían coller puntos do programa do Bloque (que me gustaba máis para o noso pobo). Pero como todos sabemos iso foise a pique.

E houbo algunha máis, pero as máis importantes foron esas. ¿Por qué digo isto? Porque cada día estoume a dar máis de conta de que Dono vai a actuar igual que Chito, cubríndose de gloria con mentiras, demagoxias e actitudes chulescas.
Todo comezou coa ruptura do pacto de goberno de coalición que tiñan en Galicia o PSOE e o Bloque, o excesivo soldo que atreveuse a pedir (en plan... "Eu non me metin na política a perder cartos" ou o que sería peor "Eu metinme na política para gañar cartos"), o continuo aplazamento do PXOM (todos tíñamos claro que o PXOM non se ía a aprobar en seis meses, pero Dono e o seu partido meteron bastante a pata ao proclamalo ós catro ventos) e o tema que matoume hoxe, foi a pronunciación de Dono sobre a Biblioteca no Faro de Vigo, que aquí plasmarei e analizarei.


El alcalde de A Estrada, José Antonio Dono, informó en la mañana de ayer de la intención de su ejecutivo de poner en marcha un plan de mejora para la biblioteca municipal. No obstante, el regidor local quiso hace hincapié en que estas instalaciones municipales no pueden compararse con las de una biblioteca universitaria. "Entendendo que pode haber certos problemas que se deben subsanar, os estradenses teñen que entender que é unha biblioteca municipal", apuntó Dono, quien también quiso subrayar que los socialistas barajan desde hace tiempo medidas encaminadas a ampliar el horario de este servicio y su fondo bibliográfico, contribuyendo a actualizar algunos de los ejemplares de consulta en beneficio de los usuarios.

Sr alcalde, os estudantes estradenses non somos estúpidos. Sabemos que unha biblioteca municipal non pode compararse a unha biblioteca universitaria. Sabemos que un concello non pode gastar os cartos que gasta unha universidade en libros e instalacións. Iso o comprendemos e o aceptamos, o que non entendemos é moitas cousas das que fala a posteriori.

El alcalde recalcó que "non é certo que a banda ensaie" en verano y por las mañanas en el mismo edificio en el que se encuentra instalada esta biblioteca y reconoció que las limitaciones de personal obligan a reducir el horario en los meses de estío. La intención del concello es que las puertas de la biblioteca estén abiertas al público en un horario más amplio. Sin embargo, tanto Dono como el edil de Cultura, Manuel Sanmartín, recordaron que estas dependencias se abrieron hace años también por las tardes durante el verano, registrando una "afluencia mínima". La administración municipal estudiará, previsiblemente después del verano, actuaciones que permitan introducir ciertas mejoras en el servicio que se presta a los usuarios.

Tócate os collóns. ¿Que a banda non ensaia en verán? Entón debemos de estar tolos os que vamos alí a estudiar e poñémonos de acordo para escoitar psicofonías que realmente non existen. Tamén escoitar. Se o que di Dono non é unha burda mentira, deberíamos avisar a Iker Jiménez porque menudas pantasmas máis crueles as do edificio de usos múltiples de Estrada, que castigan ós estudantes con pasarruas.
Despois, o señor Dono achaca que o horario de verano é polas limitacións de personal. Pois eu conto que hai polo menos 3 empregados na biblioteca e polas mañáns traballan 1 ou excepcionalmente 2. Vamos que ou moi mal se turna esta xente ou non atopo limitación algunha. De todas formas seguro que ao concello non lle custaría moito contratar a unha ou duas persoas para facer un turno de 5 ou 6 horas ao dia nese horario de verán.
E o da afluencia mínima xa cáusame máis estupefacción, porque vexo bastante estúpido a desculpa de que como vai pouca xente o mellor é non abrir. A biblioteca señores do executivo local, non é un bar de tapas, non é unha carnicería onde se vai pouca xente, a materia prima bótase a perder. Ademáis, vamos a poñer as cousas claras, os empregados da biblioteca non fan nada máis que ler o periódico e prestar algún libro (cousa que non debe pasar moi amenudo porque ninguén debe querer levarse un libro roto para casa) e teñen o mesmo traballo con cincuenta persoas que con sete, así que esa escusa é tan absurda que ata é graciosa.
E a ver se nos enteramos, por moita mellora que se faga no actual emplazamento da biblioteca, seguirá sendo unha chapuza, tapar un error con outro error.
A unica mellora posible na biblioteca é a do seu cambio de emplazamento, porque señor Dono, diga o que vostede diga, hai máis convocatorias que a de Setembro, existen convocatorias de exames como as de Febreiro e Xuño e ahí non hai solo que aguantar os ensaios da Banda Municipal, tamén os dos alumnos do conservatorio, o ruido do tráfico, as "mesas xeográficas" que bailan ca mínima brisa, o calor sofocante, a rapazada que vai ao "ciber gratuíto" e mil pocholadas máis.
Non me fagas arrepentirme do meu voto Dono, deixa de actuar como Chito Campos.

Ler Máis...

lunes, 20 de agosto de 2007

A nosa biblioteca

Cando comecei este blog, que teño algo abandoado por mor do verán e dos exames (a partires da metade de setembro prometo escribir todos ou case todos os días) un dos temas dos que quería falar era da nosa biblioteca, ou ese amago de biblioteca. Agora, no Faro de Vigo, apareceu un artigo moi interesante, que recordoume que teño que falar de ese lugar de estudo que non está "adecuado" para o estudo.

Non sei por onde comezar, pois a biblioteca municipal é un cúmulo de despropósitos. Comecemos pola súa situación, que é un bo punto de partida.
A Biblioteca Municipal de A Estrada, está situada na Avenida Benito Vigo, lugar bastante transitado por vehículos de todo tipo. Vehículos que non permiten a apertura das fiestras para combatir o calor sofocante que sempre, sexa a estación que sexa, hai na biblioteca (sexa polo calor normal do verán ou pola temperatura abusiva da calefacción). Pero o ruido dos vehículos, camúflase coa música clásica dos alumnos do conservatorio ou dos pasarrúas da Banda Municipal. Porque en A Estrada todo faise con cabeza e qué mellor combinación que unha Biblioteca cun Conservatorio enriba.

Pero os problemas acústicos non son os únicos. A biblioteca de A Estrada é como na novela de Carlos Ruiz Zafón, "La sombra del viento", un cemiterio de libros olvidados. Creo que non hai ningún libro de consulta que non esté desfasado, aínda que din que "habelos hailos" iso sí, poderás consultar cousas que non cambiasen nos últimos 30 anos, se non vas fodido.
As mesas, que algunhas bailan con tan só o peso de un bolígrafo, non é que estén pintadas, iso a fin de conta non molestaría. O problema é que teñen relieve, montañas e cordilleiras. Pero iso xa non é tanta culpa da biblioteca, senón de que a xente non sabe, non sabemos, coidar as nosas cousas. Aínda que deberían pensar en cambialas de unha vez, porque deben de levar máis lexislaturas das que estivo o noso Chito.

Como ben saberedes, a biblioteca está dividida en duas salas. Unha de estudo e outra de lectura. A sala de estudo, pese a ter os mesmos problemas acústicos, caloríficos e de inmobiliario, é o único lugar onde é posible estudar, ler ou concentrarse (aínda que sexa a duras penas). Para comprobar esto, simplemente hai que ir un día as 12 do medio día, abrir a porta da sala de lectura e atoparse co percal. Quinceañeiros que non teñen máis que facer, van á sala de lectura para aforrarse uns cantos cartos, porque é o que farían se fosen a onde terían que ir, a un ciber.
Porque a sala de lectura non é nada máis que iso, un puto ciber. Rapaces ocupando durante hora e media ou máis, cada conta de usuario da 90 minutos de internet, pero podes facerte as que queiras cun pouco de picaresca, uns ordenadores destinados para a consulta. Pero eles xogan a minixogos online, escoitan música, ligan polo messenger e falan alto, berran sen importarlles que nas mesas o seu carón, hai xente agobiada polos exames. Ademais co horario de verán da biblioteca, que é de 10h a 14h e que a rapazada chega sobre as 11 a berrar e a molestar sen que ninguén lles diga nada (non somos os usuarios da biblioteca os que temos que poñer orde, hai quen cobra por iso aínda que non o faga) deixan unha horiña (se hai sorte e non madrugan) para estudar.

E que o horario de verán da biblioteca ten collóns. Eu estou de acordo que que esta xente merece vacacións (pese a que ao meu parecer eses empregados están todo o ano de vacacións, sen facer nada ou lendo o periódico) pero que contraten a alguén ou que collan as vacacións nunha época menos sinalada no ámbito de estudo. Porque que a data do fin do horario de verán, sexa o 15 de setembro, un día despois da fin dos exames en moitas universidades, ten miga.

Evidentemente non sei o presuposto que manexa a Biblioteca, nin as aportacións que fai o concello, pero creo que as cousas estanse a facer moi pero que moi mal. Espero, desexo, que coa noticia do Faro de Vigo, teñamos sorte e que alguén faga algo para arranxar a nosa bibliteca, ese cúmulo de despropósitos.
En resumo, que temos unha biblioteca onde é imposible estudiar, con unhas instalacións precarias, uns libros efervescentes e un ambiente de recreo de instituto.
Unha pregunta impertinente ¿É certo que a casa da terceira idade vai quedar baleira?

Ler Máis...

viernes, 17 de agosto de 2007

¿É prioridade a compra da Torre de Guimarei?

O executivo local está interesado en mercar a Torre de Guimarei. Para conseguir tan loable fin, deberán facer de pedigüeños e pedir cartos os seus superiores da deputación, da xunta ou do goberno central.
Pero eu pregunto, sabendo a débeda que xa temos, sabendo que imos fatal no tema do pxom, no tema do comercio/industria, na demografía do pobo e que ata hai parroquias con as aceras sen rematar e sen seguridade de que se rematen... pregunto ¿É prioridade a Torre de Guimarei ou é unha forma de desviarnos dos temas que realmente fanlle falta o noso pobo?

Ler Máis...

lunes, 13 de agosto de 2007

Aínda que este blog está concebido para falar do noso pobo, as veces ves estupideces tan grandes, citas tan horripilantes, que obrigan a plasmalas. E algúns por enriba din que este foi o mellor político galego da historia, mellor presidente de nonseiqué e que aínda está nos seus cabales.

Aquí hubo una amnistía, y amnistía quiere decir no solamente mutuo perdón, sino mutuo olvido. Amnistía quiere decir amnesia, y eso, insisto, quiere decir olvidar, olvidar. (…)Todo el mundo tiene derecho a enterrar a sus muertos. Pero los muertos amontonados son de una guerra civil en la que toda la responsabilidad, toda, fue de los políticos de la II República. ¡Toda! Eso no se arregla con una Ley de la Memoria Histórica que, además, tampoco resuelve la cuestión de hasta dónde nos remontamos para saber todo lo que hay que saber. ¿Hasta las Cortes de Cádiz?

——————

(…) Si ETA vuelve a matar, será culpable, pero también quienes dan facilidades y negocian con ella sin publicidad.

Manuel Fraga, ministro franquista e presidente fundador do PP.

Ler Máis...

jueves, 2 de agosto de 2007

Limosna para Codeseda


O anterior executivo, facendo gala do seu caciquismo e electoralismo amarillista latente, comezou a construcción dunhas aceras en Codeseda sen ter aforrado para elas.
Agora as aceras están sen rematar, o concello actual di que non hai cartos (non os haberá, sabendo que o antigo goberno fixo cinco obras electoralistas sen estar aprobadas e sen saír a concurso) e os veciños de Codeseda sacaron unha reivindicativa e graciosa iniciativa.
Colocando caixas de cartón a modo de peto no medio das aceras en obras, piden limosna para poder rematalas.
¿Qué opina a oposición de este tema? Ómellor, o negocio éste de rodas que todos sabemos podería facer unha doazón altruísta, que non todo son viaxes a Arxentina.

Ler Máis...

martes, 24 de julio de 2007

¿Piscinas Municipais?

As piscinas municipais de A Estrada, que sempre pensei que deberían ser gratuítas (e ter un aforo máximo diario) seguen sen abrirse. As obras parece que xa están finalizadas, pero o concello parece que quere cercionarse de que os arranxes quedaron ben e que non hai máis fugas de auga.
A sorte é que o que levamos de verán é unha merda e case non tivemos días de bo tempo, pero pregúntome eu, ¿estas obras e estas probas non as deberían facer antes do comezo da época estival?
Ó mellor é algo estúpido esperar que en A Estrada fáganse as cousas ben.

Ler Máis...

Bébedos, drogados e retrasados.

No pasado fin de semana, nas festas de Callobre, unha panda de indeseables fixo algo incrible, destruir ornamentos dun cemiterio. Esta xente non é que non saiba beber ou drogarse, esta xente é subnormal profunda.



O peor de todo é que non van a aparecer os culpables, pese a que foron tan valientes para romper o lugar de descanso dos familiares de alguén, agora non o son tanto para recoñecelo e "apoquinar" co castigo necesario.
Pero é que son iso, uns patéticos subnormales que xa podrán fardar de que lle romperon o nicho a un morto. Un aplauso por eles.

Ler Máis...

viernes, 20 de julio de 2007

A praza de Abastos

Non sei se o sabedes, pero en A Estrada, hai unha praza de abastos. Moitos diredes, éste é parvo, xa sabemos que a hai, calquera estradense o sabe. E é certo, pero sen contar as festas do salmón ¿Canto tempo fai que a pisades? Uns diredes que nunca, outros que fai moitísimo e unha minoría, diredes que ides tódolos días.
Será culpa dos grandes e pequenos supermercados, pero xa vai moito que ese monstruoso edificio (o deseñador e o responsable que elixiu ese deseño deberon quedar descansados) está... abandonado. Vale, que sí, que hai 3 carnicerías e unha froitería, o resto do edificio, está simplemente feito unha merda, a parte de abaixo como xa citei anteriormente, está habitada por 3 o 4 tendas e a parte de arriba leva... ¿dez anos? ¿quince anos? sen ser utilizada nada máis que para as Festas do Salmón e de picadero (jeje)

¿Qué solucións hai para este edificio? ¿Débese de impulsar de novo este edificio ou hai que buscarlle novos usos? Despois de meditar e recordar algunhas ideas, vou plasmalas a ver que vos parecen.

- Botellódromo. Creo que esta proposta estaba no programa dalgún partido (creo que de CideGa) pero o meu parecer, paréceme unha estupidez. Non somos Sevilla e non temos tanto problema co botellón en A Estrada. Ademáis sempre pensei que este sistema é unha tontería, porque básase en xuntar xente "incompatible" e todo acaba igual, en pelexas entre pubertosos borrachos. A solución é concienciar á xente que fai estes "actos sociais" de que recollan e manteñan limpo a zona na que fan botellón ¿qué como se conciencia? Pois multazo ó canto.

- Rehabilitación e revitalización da plaza. Debería ser o que pasase, pero véxoo moi complicado, xa que coas grandes superficies e o "éxodo" dos antigos ¿alugados? na praza, converte a posibilidade de que a xente volva a abrir negocios na plaza nun tema bastante utópico.

- Outro uso para a Praza de Abastos. Unha das ideas que se me ocurriron, que o meu parecer sería (dentro do imposible porque creo que non habería cartos para facelo) convertir ése monstruoso edificios nun aparcadoiro e nunha zona verde que formase parte da Praza Martinez Anido, tamén coñecida de forma menos xenocida como Plazuela.
¿Os pros? Un lugar bastánte céntrico para aparcar, zona verde no medio de A Estrada, para o disfrute de nenos e ancians (porque iso do traslado da "Casa dos Maiores" foi todo un bulo preelectoral ¿non?) e embelecer un pouco esa zona.
¿As contras? Farían moitos cartos para habilitar a zona, para compensar económicamente os comerciantes dos catro establecimientos e ademáis non habería moita forma de sacarlle rentabilidade porque imaxínome despois de todo o que pasou este mes, que este novo goberno non vai facer nada por A Estrada que non lle de cartos por algún lado, como pasaba no caso anterior.

¿Alguén ten outra idea? ¿Queredes lapidarme por as miñas? Comentade!!

Ler Máis...

Volta ao traballo

Despóis de estar case un mes sen escribir nada por motivos que non veñen a conto... Intentarei ter o blog ó día a día, aínda que no verán xa sabedes, o de traballar é relativo.
Espero que perdoedes a miña desaparición sen dar explicacións, un saúdo.

Ler Máis...

lunes, 25 de junio de 2007

Rosa de España

Onte o concerto de Rosa de España foi un cúmulo de despropósitos, e como non, acabou suspendéndose pola chuvia.
Agora sí, dende este blog, preguntámonos qué habería pasado se o equipo de Rosa fixese as probas técnicas e de son, antes das 00:00h hora programada para o comezo do concerto e non a partir de esa hora, retrasando ¡50 minutos! o comezo do mesmo. (A sabendas de que ademais, o día seguinte (hoxe) non era festivo, e moita xente tería que irse para casa porque tocaba traballar)
Quen sabe, o mellor en vez de escoitar 5 cancións, haberíamos escoitado 25. Pero para qué van a facer ben as cousas, se é máis fácil agardar a que chova e levantar o campamento.

De todas formas, noraboa á comisión de festas, que pese a estes contratempos que non teñen moito que ver con eles, están conseguindo unha cousa que xa facía tempo que non sucedía, que o saír á rúa vexamos ambiente de festa.
Eso sí, mentras teñamos todos os chiringuitos-tenderetes nunha especie de corentena, alí escondidos na costa esa da feira en vez de estar na antiga ubicación (Rua Calvo Sotelo) seguiremos tendo un pouco menos de ambiente festeiro, diga o que diga a ACOE (que ó parecer tápanlle os escaparates) ou eses carcamales racistas que falaban de que era unha desfachatez que a procesión pasase por esas tendas inmundas, ou algo así. Pero é o de sempre... éche unha pena.

Ler Máis...

domingo, 24 de junio de 2007

Preguntas impertinentes: Reale

¿Por qué dende a directiva do Reale Seguros A Estrada F.S. demonizouse ó concello de A Estrada por non pagar un aval que debería pagar a propia empresa privada Reale Seguros?

¿Por qué a empresa que máis cartos deu (se non me engano) non era estradense?

¿Dende cando sabía a directiva do Reale que ía ser moi complicado conseguir ése aval?

¿Despois de dicir que dende o concello non se valoraba ó deporte estradense, por qué pensaron en trasladar o proxecto a outras localidades?

¿Por qué un equipo que declarouse como máximo exponente do deporte estradense, non tiña nin un só estradense no plantel?

¿Por qué un equipo que di declararse proxecto de futuro, non ten escolas deportivas infantís? ¿É a solución máis axeitada e económica fichar a xogadores pre-retirados ou mercenarios pasotas que facer canteira e ter xogadores da vila?

Ler Máis...

sábado, 23 de junio de 2007

Estamos de festas

Este ano, son quizaves as festas máis "mediáticas" e completas dos últimos anos. Con actuacións recoñecidas no ámbito nacional e con multitudes de actividades para todas as idades.
A verdade, que ao meu parecer, vendo todo dende fora, parece que a comisión de festas portouse ben e ogallá saian unhas festas inesquecibles.
Creo, de todas formas, que o concello debería formar unha comisión permanente que fose, claro está, un organismo do concello (valga a rebuznancia) e así seguro que conseguríamos unhas festas de calidade cada ano.
Ademáis, deberían sacar a enquisa as actuacións, dentro de unhas preseleccionadas que se axeiten o presuposto, claro está, se non moitos pedirían a U2 ou ós Rolling.

Pero como xa dixen, a min estas festas parécenme moi completas e creo que o pobo debería agradecerllo á comisión e sobretodo, que é o máis importante... ¡pasalo ben!

O programa é o seguinte:

Sábado 23

10.00h Bombas de palenque.
11.30h Isi lee o pregón (Isi está ata na sopa ;P).
12.00h Inauguración da Feira Medieval que este ano será nos Xardíns.
13.00h Concerto nos xardíns da Banda Municipal de Compostela.
16.00h Comeza o Minifútbol en figueroa.
17.00h Exhibición de 4x4
18.00h Festa da Espuma (non, non é unha concentración de rapaces epilépticos, que vos vexo vir)
20.00h Gran sardiñada detrás do Restaurante A Estación.
22.30h Verbena!!! Orquestra!!! Aramio.
00.00h Gran atracción do día: Los Suaves




Domingo 24

9.00h Seguemos co Minifútbol
10.00h Espértannos 10 minutos os que saímos o sábado coas bombas de palenque.
11.00h Pasarrúas da Banda Municipal.
11.00h Parque hinchable na "plazueleta" (A ver cando se lle pon ese nome e quítanlle o do asasino franquista ése).
11.30h Pasea pola vila co tren turístico.
12.00h Os da feira medieval xa se levantaron, vai visitalos.
13.00h Concerto a cargo da Banda Municipal.
13.30h Exhibición de cetrería e teatro.
16.00h Os hinchables para os nenos, volven a abrir as súas portas.
16.00h Fase final do Minifútbol.
18.00h O tren segue a dar voltas.
19.30h Nova exhibición de cetrería e teatro.
22.30h Orquetras na plaza de Galicia e na Porta do Sol!!!
00:00h Gran atracción (e non non é porque esté gorda): Rosa.




Luns 25

11.00h Volvemos a espertar 10 min por culpa das bombas de palenque.
11.00h Prepara o teu caldeiro de auga fría, porque o pasarrúas da banda municipal o mesmo espértante tamén.
16.00h Exhibición dos perros de rescate de Protección Civil.
17.00h Carreira de orientación urbana.
20.00h Os da banda non paran, esta vez dan un concerto coa axuda da Coral Polifónica.
22.30h Seguemos con orquestras, esta vez "Los trovadores"
00.00h Gran atracción: "El Arrebato".




Martes 26

10.00h Se aínda non escarmentaches e non compraches tapóns para os oídos, xa sabes Bombas de palenque.
11.00h Outra camiñata dos da Banda Municipal, vailles quedar o cú prieto prieto.
11.30h Se os da banda cánsanse, poderían coller o tren turístico, que comeza a esta hora.
13.00h Xa que os da Banda descansaron, van a tocar un pouco máis os xardíns.
17.00h Clowns.
20.00h Concerto da Banda Municipal de A Coruña nos xardíns.
20.30h Os beatos, as beatas, os non tan beatos, as non tan beatas, os non practicantes, as non practicantes farán "jogging" ao paso do cura de turno. Ademáis os máis suertudos cargarán cun santo (San Paio) bloqueando o tráfico.
22.30h Orquestra!!! Ledicia e outra máis.
00.00h Gran atracción: Coti




Mércores 27


10.00h ¿A que non adivinades que hai todos os días das festas as 10.00h? P-A-L-E-N-Q-U-E
11.00h Veña que os da Banda Municipal tamén repiten pasarrúas.
13.00h Concerto da Banda Municipal na Alameda.
16.00h Exhibión de bádminton a cargo do C.B. Estradense.
20.00h A mover as caderas con Sondodance.
20.30h Se a movida e a festa da procesión de onte, sabeuche a pouco, hoxe tes outra polo santo sacramento.
21.00h Anuncio (según o sorteo da ONCE) do gañador do coche.
00.00h Espacio piro-¡¿musical?? este ano na baiuca.
00.45h Orquestra!!! Los satélites.

Ler Máis...

Os actores e os seus papeles.

O novo goberno local, pechou a noite do xoves a distribución das diferentes áreas de goberno.
A cousa quedou así:

Manuel Otero Espiño: Facenda e Rural.
Manuel Sanmartín Obelleiro: Educación e Cultura.
Montserrat Maceiras Vicente: Industria, Comercio e Turismo.
Irene Aguiar Lale: Urbanismo.
Ana Asorey: Benestar Social.
Mónica Magariños: Organización e Persoal.
Germán González: Política Agroalimentaria, Feiras e Mercados.

Dende este blog desexámoslle sorte a o novo goberno neste ano de trámite (xa que o anterior partido da oposición, como ben sendo normal nos cambios de lexislatura, esgotou case todos os fondos dedicados a este ano) e agardamos con ánsia que o fagan ben nos 3 seguintes.

Ler Máis...

viernes, 22 de junio de 2007

Preguntas impertinentes: aestradadixital

¿Qué pasaría se aestradadixital houbese escollido WiMAX en vez de Wi-Fi? (Non so en melloría da calidade da rede se non económicamente tamén).

¿Cantos cartos aforraríanse(aforraríannos) se nos ruralcentros houbesen escollido sistemas operativos linux en vez de sistemas operativos windows? (Por se alguén argumentase pola facilidade de uso, dicir de antemán que a suite ofimática que utilizan é OpenOffice e o navegador web é o firefox)

¿Por qué case ano e medio despois do lanzamento de daestradix (o sistema operativo de aestradadixital para os estradenses) e que anunciasen, a día 8 de febreiro de 2006 que "O Sistema Operativo, con estándar Ubuntu (un referente a nivel mundial) poderá descargarse de forma gratuita a partires da vindeira semana no portal oficial de A Estrada Dixital (www.aestradadixital.org)" a día de hoxe aínda non pode ser descargado?

¿Cando pensan rexistrar o nome co que xa moitos bautizamos o proxecto... "Trapallada Dixital"?

Ler Máis...

Instala Ubuntu 7.04 Feisty de forma fácil e nun "plisplás"

Como un estradense calquera que son, estou interesado, bastante interesado, nas novas tecnoloxías e cada vez, doume conta, que o futuro da informática está no software libre frente ao software privativo.
Non me vou a poñer a explicar os pros e os contras de Linux e Windows, porque para iso procurades información en Google e vos sairán mil millóns de blogs ou páxinas en todos os idiomas do mundo explicándoo con pelos e sináis.
Simplemente direi unha cousa: Se usas un windows pirata, estás vulnerando a lei. Se eres particular, non pasará nada (a Microsoft interésalle que os particulares usen windows, sexa legalmente ou non, para que no ámbito laboral utilicen windows) pero se es un empresario, e a tua empresa usa windows piratas, sen licencia ou unha licencia para 3 ordenadores... Ten de seguro, que se te pillan, vas ter que poñer o cu en pompa e agardar para que che den ben e duro.
¿A solución? GNU/LINUX, un sistema operativo máis seguro e eficiente que Windows, con case a mesma compatibilidade cos dispositivos hardware que windows (esto non é culpa dos sistemas linux, se non das empresas de hardware que por unha escura razón non fan controladores para ditos sistemas), gratuíto e fácil de instalar.
Dende aquí, para usuarios iniciados ou non, recomendo Ubuntu. Unha distribución de linux basada en Debian, que na actualidade, é quizáis a máis extendida entre os novatos no tema ou nos non tan novatos. Ubuntu non é máis difícil de usar que windows, se ben ao meu parecer, windows é máis difícil de utilizar que Ubuntu.
Moita xente, ademáis, pensa que linux é unha cousa de frikis informáticos, que hai que controlar para instalalo e utilizalo, pero nada máis lonxe da realidade. Os principáis obxetivos desta distribución de linux, son a facilidade de instalación e a facilidade de utilización.
Pero por se alguén quere animarse e bótase atrás por culpa da maldita instalación, aquí vos deixo un “tutorial” de como instalar linux nun momento.

O primeiro, é baixarse Ubuntu 7.04 Feisty Fawn da súa páxina de descarga. Deberedes baixar un Desktop CD que sexa acorde as características da vosa computadora, se é un ordenador "normal" será x86 e se é de arquitectura 64bits (de AMD), deberedes lanzaros a baixar 64-bits (AMD64) CD.
Como nota, dicirvos que non vos asustedes de que a páxina está en inglés, xa que todas as distribucións de Linux son multilenguaxe, polo tanto poderedes ata escoller o galego como idioma da vosa Ubuntu.
Cando teñades baixada a imaxen de CD, deberedes grabala nun cd co Nero, cousa moi doada xa que sólo hai que premer en abrir/open na pantallita que te abre o inicio. Escolles en ver "Todos los archivos", clicas na imaxe de CD baixada e aceptas.
Cando tes a imaxe grabada, simplemente tes que reiniciar o ordenador. Se tes a BIOS ven configurada (se non terás que ir a Advanced Setings ou Boot order, dependendo do tipo de BIOS e escoller o CD-ROM como primeiro dispositivo de arranque) comezaredes a vivir o mundo da Ubuntu.
¿Qué por qué digo isto? Porque o CD que baixaches, é un LiveCD, un sistema operativo que se carga en memoria principal e execútase dende o CD, vamos que en resumidas contas, podes traballar como se estiveses nun sistema operativo instalado no disco duro, pero se apagas o ordenador, todos os cambios iranse ó garete. Pero isto non é o que nos interesa, así que vaiamos á instalación. Pulsamos instalar.

1. Selección da linguaxe. Pese a que queirades escoller a Ubuntu en galego, por motivos que máis adiante explicarei, agora escollede o español, logo xa o trocaremos.
2. Seleccionamos a zona na que vivimos. Isto é para regular a zona horaria, así que escollemos Madrid e prememos seguinte.
3. Selección de teclado. Como non temos variantes distintas ao teclado castelán, escollemos Spain ou Español "a secas", o primeiro, o que non ten variantes.
4. Agora toca o momento máis "complicado" da instalación. O particionamento. Se queredes deixar windows no disco duro, ou outro sistema operativo, deberedes escoller a primeira opción, a que di Guiado cambia el tamaño de... Como vedes, xusto debaixo hai unha muesca, na que poderedes axustar o tamaño da partición que ides conservar para windows e o espacio libre que ides deixar para ubuntu. Se non queredes conservar o windows, pulsades na segunda opción e adiante.
Tamén podedes facer o particionado Manual, recomendable para usuarios avanzados, onde poderedes escoller o tamaño da partición e os puntos de montaxe, recordando que como mínimo debe de haber un para o sistema raíz (/) e outro para SWAP (que é recomendable que sea do tamaño da RAM*2).
5. Migración de documentos. Unha das novas funcionalidades de Ubuntu, é que podes migrar documentos ou archivos do teu interés das contas de usuario de windows ao teu novo sistema operativo Linux. Simplemente elixes o que queres e pulsas adiante. Se non queres seleccionar nada, pulsa adiante e listo.
6. Usuario e contraseña. Aquí deberedes escoller o voso nome. o nome de usuario e a contraseña para entrar no sistema. Ademáis debedes de escoller un nome para o voso equipo. Cando rematedes, premede adiante.
7. Agora mirades que todo sexa correcto e pulsades de novo adiante. ¡E xa está! Agora, mentras instala o sistema operativo nuns minutos, podedes navegar por internet ou fozar algo no LiveCD, para matar o tempo.
8. Cando remate de instalar, simplemente pulsades en botón de Sistema -> Salir -> reiniciar (ou na opción reiniciar do menú de instalación) e quitades o CD da lectora (moi importante)
9. Agora aparecerache un xestor de arranque, chamado GRUB, no que poderás elixir se entrar en ubuntu (primeira opción) ou ir a windows (que estará na sección "Other Operating Systems"). Cando entras en Ubuntu (despois de loguearte), deberás actualizalo. Aparecerache xa unha mensaxe de que hai actualizacións dispoñibles. Pulsas no icono de notificación, introduces a túa contraseña e listo. Cando acabes de instalar as actualizacións, deberas reiniciar o sistema. (Se non aparecese a mensaxe de actualizacións dispoñibles, deberedes ir a Sistema->Administración->Gestor de paquetes Synaptic).
10. Instalando Automatix2. A razón de que vos dixen que instalárades a Ubuntu en español, radica aquí. O Automatix non detecta a versión da Ubuntu se o idioma está en galego, polo tanto imos a instalar automatix e a configuralo e despois xa cambiamos o idioma.
Pero o primeiro... ¿Que é automatix? Automatix é unha ferramenta que arranxa a vida de todo novato en linux, xa que é un programa, unha ferramenta, dende a que podes instalar todos os codecs e programas indispensables para a tua Ubuntu simplemente seleccionándoos e premendo start/empezar.
O primeiro paso, é baixar o paquete de automatix2, que o podedes baixar de aquí (versión para Ubuntu 7.04 Feisty Fawn x86. O resto das versións están aquí). Clicades en él (ou escolledes a opción abrir en vez de gardar como) e escribides a vosa contraseña. Agora pulsades en instalar paquete e agardades a que instale.
Cando remate, dirixídevos a Aplicaciones -> Herramientas del Sistema e premedes en Automatix.
Despois de comprobar a vosa versión, aparecerá unha ventana con duas pestañas, unha de install que é para instalar e outra de unistall que é para desinstalar. Nos queremos instalar, así que vexamos o que vos recomendo instalar por categoría:

- Burning and Ripping: Brasero
- Chat Clients: aMSN
- Codecs and Plugins: AUD-DVD Codecs, Flash Player, Mplayer and FF Plugin, Multimedia Codecs e Sun JAVA 1.6 JRE.
- Email Clients: CheckGmail se tendes correo de Gmail.
- File Sharing: Azureus (cliente torrent) e Amule (O emule de Linux)
- Media Players and Editors: VLC
- Miscellaneous: Automatix read/write NTFS and FAT32 Mounter, Ctrl-Alt-Del, Extra Fonts, Nautilus Scritps.
- Office: Adobe Reader 7.0, Google Earth, Google Picassa.
- Utilities: Beagle, GFTP.
. Virtualization: Wine.
** NOTA: Se tendes unha tarxeta ATI instalade os drivers de ATI.
Seleccionades todos estes programas (paquetes) e premedes start. En algúns vos pedirán que aceptedes licencias, deberedes marcar donde pon que aceptas a licencia e logo aceptar, se so aceptades non instalará.
Cando teñades todo listo, pechades automatix e so quedan uns flecos.


11. Trocando o idioma ao galego: Sistema -> Administración -> Soporte de Idioma. Seleccionades Galician e instalades o que vos manden. Logo en idioma predeterminado escolledes Galician e listo. Deberedes reiniciar o sistema para que os cambios surxan efecto.

12. Apt-get e cambio de contraseña de root. O root en Linux, é o superusuario, o administrador que pode realizar CALQUERA acción no sistema. En Ubuntu, o root ven "desactivado" ou a lo menos non nos proporcionan a contraseña. Así que nada, abrimos un terminal en Aplicaciones -> Accesorios -> Terminal e escribimos:
sudo passwd

pediranos a nosa cotraseña e a escribimos (pese a que parece que non escribes nada pero si que o fas) prememos intro e pediranos a contraseña de root. Escollemos unha, a escribimos, a confirmamos e listo.
Ben, a contraseña de root e indispensable para utilizar o comando sudo, que é un comando que serve para executar accións con privilexios de superusuario sen selo. E isto é indispensable para utilizar apt-get. apt-get, é unha ferramenta de Debian, polo tanto de Ubuntu, que serve para instalar paquetes de forma moi doada en modo consola. Poñamos como exemplo o Konversation, cliente de chat de KDE.
Abrimos terminal (se non pechaches o de antes tamén sirve) e escribimos:
sudo apt-get install Konversation

Agora o sistema pediranos a contraseña e que aceptemos s/N a instalación. Escribimos s e listo. Xa se encarga él de buscar todas as librerías e de instalar os programas no noso sistema.
13. Problemilla do aMSN. O aMSN é o cliente de MSN máis extendido en sistemas linux. Pero a última versión utiliza un paquete de seguridade TLS que da bastantes problemillas. Para instalalo simplemente hai que facer o que di este blog.


Ben, pois xa tendes unha Ubuntu cons programas esenciales e funcionando perfectamente. Agora so vos queda disfrutar e visitar páxinas como Guía Ubuntu onde atoparedes toda a información necesaria sobre esta gran distribución de Linux.
E fago este tutorial de Ubuntu e non de desastrix, digo de aestradix, porque entre outras moitas cousas aínda non se pode descargar (pese a que xa hai dous anos, se non me faian as contas que se ía poder).

Ler Máis...

¿Analoxías?


"Señor xuíz, eu non tiven culpa de apuñalar ao falecido. A culpa é do que me prestou a navalla" Un vulgar ladrón.

"Se non nos apoia ninguén a responsabilidade será de quen non nos apoie porque nós non temos maioría absoluta." Dono sobre o PXOM nunha entrevista do Faro de Vigo.

Por certo, para rizar máis o rizo, a responsable de Urbanismo, será Irene Aguiar Lale, ex do PP. Non tiremos o carro antes dos bois e agardemos a ver que qué tal o fai, que por algo deixaría o PP esta rapaza. Sempre nos quedará a ¿ledicia? de que o responsable non será Espiño, ese que bailaba no PXOM ao son que dicía Reboredo.

Ler Máis...

O circo chegou o noso pobo

Non sei se é un circo ou unha feira, pero acabo de quedar parvo, pasmado.
Vía La Voz de Galicia encóntrome que o BNG dalle un ultimátum de 100 días de cortesía ó PSOE para que goberne en solitario.
¿Pero esto qué é un capítulo de Cuenta Atrás? ¿Unha demostración en plan "nos tamén podemos poñermos gallitos"? Pode ser, de feito é, que o PSOE actuara mal ao pasarse o pacto de goberno polo forro, pero isto é a política do noso pobo, non un capítulo dos Soprano onde ameazan o tendeiro de turno dcon que se non paga en 20 días, pártenlle as pernas cunha maza.
Ó final vamos ter que darlle a razón ós do PP, que din que o BNG e o PSOE non saben gobernar, que so saben estar na oposición, porque isto xa se asemella bastante a un circo.
Ogallá se deixen de tonterías e teñamos un goberno estable, porque tal e como vai a cousa, Tallón dirá dentro dus meses que tivo un Dejavú.

Ler Máis...

Noite de teatro en A Estrada

Teño que confesarme. Non son un estradense calquera como descríbome neste blog. ¿Qué por qué digo isto? Porque son dos poucos estradenses, que por desgracia, non foi a ver Ensalada de Mosquito, aquela versión do Lindo Don Diego saída das mans dos Tirinautas de Lueiro.
Pero hoxe, non quixen perderme a oportunidade de ir a ver a nova obra da escola de teatro municipal. Opera de Patacón, e de verdade, quedei abraiado.
A Ópera de Patacón, non é unha ópera normal, xa que os seus protagonistas son bandidos dunha decadente e zarapastrosa Asociación dos amantes da Ópera Italiana.
Nesta edición, conseguen os cartos para contarnos a historia de Mackie Navallas... ¿Queredes saber máis? Pois o próximo domingo, teredes outra oportunidade (quizáis a derradeira se o Concello non lles deixa facer máis pases) e volverá a ser gratuíta, aínda que xa non contaredes coa música do Conservatorio de A Estrada, que so actuou na noite de hoxe.
Os actores, impresionantes, rebosaron humor e en especial, a parella Chelo do Rejo e Fran Ameijeiras, que para min estiveron espectaculares.
Pero o resto do elenco de actores, estivo fenomenal, ríndome os seus pes. Así que so podo dicir isto: Ana Puente, Chelo do Rejo, Fran Ameijeiras, Celeste Tato, Ánxela Sanmartín, Lorena Rozados, Eva Filloy, Patricia Rey, Bandido, Begoña Penas, Ana María Mañá, Saly Torres, Manuel Abelleira, Francisco Campos, María Jesús Sánchez, Mercedes Martínez y Gonzalo Valcárcel... ¡Noraboa e grazas por esta gran noite de teatro!
Ah que non me lembraba, como o anterior concello, como en case todas as actividades culturais do pobo, apenas axudou a escola, os actores pediron dunha maneira peculiar un donativo para poder seguir contándonos historias tan boas como a de hoxe. A maneira foi graciosa, colocaron uns cestos no hall do teatro no que a xente podería votar a súa vontade. E podo dicir, sen medo a esaxerar, que é a primeira vez que vin máis billetes que monedas en algo solidario. Pero e que os actores non se merecían outra cosa, estamos de noraboa por ter unha escola de teatro tan boa.

Ler Máis...

jueves, 21 de junio de 2007

Estradense da Historia

A rapazada de aestragada.com, emulando ao casposo programa de Antena 3, "El mejor egpañol de la historia", sacou fai uns días unha enquisa, na que todo o mundo pode participar gratuítamente para escoller ao mellor estradense da historia, ou polo menos da nosa histora máis recente.
Esta enquisa, ao contrario da que fixo Antena 3, paréceme do máis axeitada, e non será (polo que vexo) partidista, porque ti poderás votar, falando en prata, a quen te saia dos collóns, se ben é certo que eles teñen unha lista provisional que é a seguinte:

  • Ramón Verea.
    Por aparecer ó lado de Pascal e Leibniz, e con todo o que nos alabámo-los galegos, ainda non ten recoñecemento nin na súa vila.Foi o inventor da calculadora que era capaz, de multiplicar e dividir, e face-lo instantáneamente.
    A súa máquina consérvase nos depósitos da sede central de IBM. Mais info:
    - La Voz de Galicia
    - Galipedia

  • Manuel Porto Verdura,
    “o escobeiro”, quen fixera fortuna en Cuba, tivo que regresar a La Habana no 1936, abafado pola corrupción falanxista que o asfixiaba con incautacións. Morrendo alá, sumido nunha profunda depresión pola perda da ilusión pola que este empresario tanto loitara de ver ao seu pobo electrificado e urbanizado como as máis modernas vilas que coñecera.

  • Suso Durán, un alcalde con vista de futuro.

  • Odense Sanmartín Carracedo,
    por facer edificios emblemáticos, e ser esta unha terra de constructores, e sempre denostalos e criticalos, mais nunca facerlle recoñecementos, salvo que sexa por entrar na vida política e social.

  • "Os Estradenses". A poboación do concello por sobrevivir a estos anos.

  • Os emigrantes, gracias ós cales se fixeron moitas escolas, desinteresadamente. Ou moi interesadamente, en que a xente se formara e non sufrira tanto.

  • "Ken Keirades". Manuel García Barros
    Naceu en Berres en 1876. Campesiño no seo dunha familia de orixe labrega, foi mestre e protagonista dunha interesante carreira xornalística nos “medios” da época. A súa actividade política, de ideais galeguistas e apegada á realidade social da súa contorna, achegoulle, coma a tantos outros, problemas coa barbarie fascista da Guerra Civil e da posterior Ditadura. De entre a súa produción literaria temos que salientar a póstuma “As aventuras de Alberte Quiñoi“, de 1972, ano da sú morte. De 1932 é “Contiños da Terra“.

  • Pepe Carballude.
    Escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
    Máis info: Biblioteca Virtual Galega.



Persoalmente, votei a Ken Keirades, porque paréceme o mellor escritor e o mellor intelectual que deu este pobo, gostaríame aconsellar a outros estradenses que deberían poder optar a ser nominados a dito galardón:

- Ignacio Rodríguez Vila. Presidente e Fundador de IGROVI, empresa que se non fose saboteada por uns impresentables, daría de comer a maioría dos estradenses e habería conseguido que A Estrada fose o Vigo do centro de Galicia.

- Marcial Valladares. Escritor e ensaísta estradense. Biografía e Bibliografía na BVG

- Waldo Álvarez Ínsua. Destacado periodista e escritor, figura moi importante do rexionalismo. Tivo un gran papel entre a emigración galega a Cuba.

- Lopo Xograr. Pese a que stivo na corte de Fernando III o Santo (1217-1252), que participou na conquista de Sevilla en 1284, e do que José Sanmartín di que puido ser da parroquia estradense de Santo Estevo de Lagartóns. (Información sacada de A ulla, Comarca Virtual)

- Manuel Reimóndez Portela. Gran Médico e escritor. Recoméndovos o seu libro "Un médico na aldea" é impresionante.

- Os exiliados. Por desgracia, a maioría destes intelectuais, foron víctimas da represión. Pese a que por ser exiliados non teñen porque ser os mellores estradenses da historia, creo que se merecen estar nominados, xa que a súa desgracia, converteuse nun punto oscuro da nosa historia.


Deséxolle boa sorte os rapaces da estragada e que teñan moita participación na enquisa, e así sacar uns resultados que se axusten o máis fielmente posible á realidade. Dende aquí quixemos aportar o noso granito de area. Votade lacazáns!!

Ler Máis...

Negociacións e blablaba




Hoxe, no Faro de Vigo, fanse eco da rolda de prensa que deu onte a cúpula do BNG estradense, explicando as súas peticións para facer goberno en coalición co PSOE.
" El BNG de A Estrada considera "irrenunciables" para sellar un pacto de gobierno con el PSOE lograr la primera tenencia de alcaldía y las delegaciones municipales de Medio Rural; Benestar Social; Industria, Comercio e Turismo; y Cultura o Mocidade o Deportes"
Non sei se todo verá dado porque o PSOE, desexará conservar as concellalías de Industria e Comercio e Turismo, xa que seguramente serán as que xoguen o papel máis importante desta lexislatura. Pero a primeira tenencia é algo que lóxicamente deberían solicitar, pois está dentro do acordo marco que alcanzaron o PSOE e o BNG autonómincamente para estas municipales.
[...]
" el BNG sigue considerando que en virtud del acuerdo marco alcanzado por PSOE y BNG en el ámbito autonómico en A Estrada al Bloque le correspondería una tenencia de alcaldía única. Un hipotético acuerdo de gobierno no podría "baixo ningún concepto estar por debaixo dos parámetros do acordo marco". Si los socialistas no ceden en este punto, Maceira considera que se debe a que no considera "interesante que haxa un goberno de coalición" ".
[...]

¿Segue a haber esperanza para unha coalición? ¿Cederá o PSOE ou o BNG? ¿E ouro todo o que reluce ou o PSOE vaise a pasar polo forro o acordo?
Algo terá que contestar o equipo de Dono. Agardaremos con impaciencia.

Ler Máis...

miércoles, 20 de junio de 2007

Cambio!

Como todos saberedes, o día 27 de Maio, os estradenses conseguimos botar do goberno local a un partido político, que en dazaseis anos, o único que fixo por A Estrada, demagóxicamente falando e facendo un resumo bastante rápido, foi facer rotondas e rematar co crecemento do pobo.

Nin os propios socialistas, pensaban que ían gañar as eleccións coa posibilidade de gobernar en solitario, pero parece ser que esta vez, o pobo sí actuou e votou en consecuencia. Os estradenses habían conseguido un goberno, que todo facía indicar que sería unha coalición PSOE +BNG, facendo un goberno forte, combinando así unha lista do PSOE, que o meu parecer era a mellor preparada das que se presentaron ás eleccións (con Suso Tallón, que é sen dúbida o mellor político de A Estrada) e a introducción de moitos puntos do programa do Bloque, que para min se non era o mellor de todos, polo menos era o que menos mentiras dicía.
Pero non todo ía ser de cor de rosa. Onte, día 19 de xuño, o PSOE e o BNG, anunciaron nun comunicado que as negociacións polo pacto para gobernar, non chegaron a bo porto, motivado quizáis pola “racanería” dos socialistas e as excesivas pretensións dos nacionalistas. O PSOE gobernará so, grazas a súa maioría simple, pero como pensamos os máis pesimistas, será un goberno feble, un goberno que sería máis forte se houbese contado coa axuda do BNG.
¿Qué nos espera ós estradenses con un goberno de maioría simple?

Pois poderían pasar varias cousas, pero a que a min se me asemexa a máis probable, é a seguinte:

  • "A Oposición do NO” por parte do Partido Popular. Se Miguel de la Calle non dimite, que é probable que non o faga (€€€€€). O líder do PP, demostrará como no ámbito comunitario ou nacional, que o seu partido non sabe estar na oposición. Él e o seu partido opoñeránse a toda acción do goberno local porque sí e votarán en contra de toda acción do equipo de goberno de Dono, comezando así unha era de crispación e barullo político.
  • Posición de CideGa. Pese a que Reboredo dixo que non ía votar en contra do PSOE nos plenos... ¡fíate ti dun político! haberá que agardar e comprobar se esa é a postura de Reboredo ou actuará coma moitos pensamos, da man do PP.
    Ademáis, en Setembro, co xuizo por corrupción urbanística ao que está “convidado” con actores do peso de Chito Campos, podería anunciar a súa dimisión como presidente do partido, deixando paso a Juan Torres, quen non sabemos se seguirá ese “dogma de non agresión”.
  • ¿Axuda do Bloque?. Como partidos de esquerdas, pese a quen lle pese o BNG é un partido de esquerdas, o PSOE e o Bloque, terán na maioría das ocasións as mesmas opinións nos plenos, polo tanto existe a posibilidade, pese á recente rotura de negociacións polo pacto de goberno, que Dono teña o apoio do BNG na maioría dos proxectos a votar. O problema (ou a sorte) será cando o BNG non esté de acordo, pois seguramente, pese a non votar en contra no pleno, absterase de votar, deixando vía libre para que os rapaces do PP se finalmente conseguen o apoio de CideGa, “veten” todo proxecto que poidan.
Pero todo esto, como xa dixen, é a opinión de un nobre servidor. Pero o que é certo, é que para a desgracia dos estradenses, non teremos un goberno tan forte como todos esperábamos ó saber os resultados das eleccións. Haberá que agardar, e a ver que pasa.

Ler Máis...

Esto con Chito... ¡Non Pasaba!

Este blog nace coa idea de plasmar, segundo as miñas ideas, o que pasa no noso pobo ó longo da semana, tanto no eido da política coma na sociedade.
Agardo que ninguén se sinta ofendido coas miñas palabras e o que se sinta así, que mo faga saber nos comentarios de cada artigo ou noticia.
Benvidos e espero que disfrutedes.

Ler Máis...

 
/* Comenta
*/