jueves, 21 de junio de 2007

Estradense da Historia

A rapazada de aestragada.com, emulando ao casposo programa de Antena 3, "El mejor egpañol de la historia", sacou fai uns días unha enquisa, na que todo o mundo pode participar gratuítamente para escoller ao mellor estradense da historia, ou polo menos da nosa histora máis recente.
Esta enquisa, ao contrario da que fixo Antena 3, paréceme do máis axeitada, e non será (polo que vexo) partidista, porque ti poderás votar, falando en prata, a quen te saia dos collóns, se ben é certo que eles teñen unha lista provisional que é a seguinte:

  • Ramón Verea.
    Por aparecer ó lado de Pascal e Leibniz, e con todo o que nos alabámo-los galegos, ainda non ten recoñecemento nin na súa vila.Foi o inventor da calculadora que era capaz, de multiplicar e dividir, e face-lo instantáneamente.
    A súa máquina consérvase nos depósitos da sede central de IBM. Mais info:
    - La Voz de Galicia
    - Galipedia

  • Manuel Porto Verdura,
    “o escobeiro”, quen fixera fortuna en Cuba, tivo que regresar a La Habana no 1936, abafado pola corrupción falanxista que o asfixiaba con incautacións. Morrendo alá, sumido nunha profunda depresión pola perda da ilusión pola que este empresario tanto loitara de ver ao seu pobo electrificado e urbanizado como as máis modernas vilas que coñecera.

  • Suso Durán, un alcalde con vista de futuro.

  • Odense Sanmartín Carracedo,
    por facer edificios emblemáticos, e ser esta unha terra de constructores, e sempre denostalos e criticalos, mais nunca facerlle recoñecementos, salvo que sexa por entrar na vida política e social.

  • "Os Estradenses". A poboación do concello por sobrevivir a estos anos.

  • Os emigrantes, gracias ós cales se fixeron moitas escolas, desinteresadamente. Ou moi interesadamente, en que a xente se formara e non sufrira tanto.

  • "Ken Keirades". Manuel García Barros
    Naceu en Berres en 1876. Campesiño no seo dunha familia de orixe labrega, foi mestre e protagonista dunha interesante carreira xornalística nos “medios” da época. A súa actividade política, de ideais galeguistas e apegada á realidade social da súa contorna, achegoulle, coma a tantos outros, problemas coa barbarie fascista da Guerra Civil e da posterior Ditadura. De entre a súa produción literaria temos que salientar a póstuma “As aventuras de Alberte Quiñoi“, de 1972, ano da sú morte. De 1932 é “Contiños da Terra“.

  • Pepe Carballude.
    Escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
    Máis info: Biblioteca Virtual Galega.



Persoalmente, votei a Ken Keirades, porque paréceme o mellor escritor e o mellor intelectual que deu este pobo, gostaríame aconsellar a outros estradenses que deberían poder optar a ser nominados a dito galardón:

- Ignacio Rodríguez Vila. Presidente e Fundador de IGROVI, empresa que se non fose saboteada por uns impresentables, daría de comer a maioría dos estradenses e habería conseguido que A Estrada fose o Vigo do centro de Galicia.

- Marcial Valladares. Escritor e ensaísta estradense. Biografía e Bibliografía na BVG

- Waldo Álvarez Ínsua. Destacado periodista e escritor, figura moi importante do rexionalismo. Tivo un gran papel entre a emigración galega a Cuba.

- Lopo Xograr. Pese a que stivo na corte de Fernando III o Santo (1217-1252), que participou na conquista de Sevilla en 1284, e do que José Sanmartín di que puido ser da parroquia estradense de Santo Estevo de Lagartóns. (Información sacada de A ulla, Comarca Virtual)

- Manuel Reimóndez Portela. Gran Médico e escritor. Recoméndovos o seu libro "Un médico na aldea" é impresionante.

- Os exiliados. Por desgracia, a maioría destes intelectuais, foron víctimas da represión. Pese a que por ser exiliados non teñen porque ser os mellores estradenses da historia, creo que se merecen estar nominados, xa que a súa desgracia, converteuse nun punto oscuro da nosa historia.


Deséxolle boa sorte os rapaces da estragada e que teñan moita participación na enquisa, e así sacar uns resultados que se axusten o máis fielmente posible á realidade. Dende aquí quixemos aportar o noso granito de area. Votade lacazáns!!

No hay comentarios:

 
/* Comenta
*/