lunes, 20 de agosto de 2007

A nosa biblioteca

Cando comecei este blog, que teño algo abandoado por mor do verán e dos exames (a partires da metade de setembro prometo escribir todos ou case todos os días) un dos temas dos que quería falar era da nosa biblioteca, ou ese amago de biblioteca. Agora, no Faro de Vigo, apareceu un artigo moi interesante, que recordoume que teño que falar de ese lugar de estudo que non está "adecuado" para o estudo.

Non sei por onde comezar, pois a biblioteca municipal é un cúmulo de despropósitos. Comecemos pola súa situación, que é un bo punto de partida.
A Biblioteca Municipal de A Estrada, está situada na Avenida Benito Vigo, lugar bastante transitado por vehículos de todo tipo. Vehículos que non permiten a apertura das fiestras para combatir o calor sofocante que sempre, sexa a estación que sexa, hai na biblioteca (sexa polo calor normal do verán ou pola temperatura abusiva da calefacción). Pero o ruido dos vehículos, camúflase coa música clásica dos alumnos do conservatorio ou dos pasarrúas da Banda Municipal. Porque en A Estrada todo faise con cabeza e qué mellor combinación que unha Biblioteca cun Conservatorio enriba.

Pero os problemas acústicos non son os únicos. A biblioteca de A Estrada é como na novela de Carlos Ruiz Zafón, "La sombra del viento", un cemiterio de libros olvidados. Creo que non hai ningún libro de consulta que non esté desfasado, aínda que din que "habelos hailos" iso sí, poderás consultar cousas que non cambiasen nos últimos 30 anos, se non vas fodido.
As mesas, que algunhas bailan con tan só o peso de un bolígrafo, non é que estén pintadas, iso a fin de conta non molestaría. O problema é que teñen relieve, montañas e cordilleiras. Pero iso xa non é tanta culpa da biblioteca, senón de que a xente non sabe, non sabemos, coidar as nosas cousas. Aínda que deberían pensar en cambialas de unha vez, porque deben de levar máis lexislaturas das que estivo o noso Chito.

Como ben saberedes, a biblioteca está dividida en duas salas. Unha de estudo e outra de lectura. A sala de estudo, pese a ter os mesmos problemas acústicos, caloríficos e de inmobiliario, é o único lugar onde é posible estudar, ler ou concentrarse (aínda que sexa a duras penas). Para comprobar esto, simplemente hai que ir un día as 12 do medio día, abrir a porta da sala de lectura e atoparse co percal. Quinceañeiros que non teñen máis que facer, van á sala de lectura para aforrarse uns cantos cartos, porque é o que farían se fosen a onde terían que ir, a un ciber.
Porque a sala de lectura non é nada máis que iso, un puto ciber. Rapaces ocupando durante hora e media ou máis, cada conta de usuario da 90 minutos de internet, pero podes facerte as que queiras cun pouco de picaresca, uns ordenadores destinados para a consulta. Pero eles xogan a minixogos online, escoitan música, ligan polo messenger e falan alto, berran sen importarlles que nas mesas o seu carón, hai xente agobiada polos exames. Ademais co horario de verán da biblioteca, que é de 10h a 14h e que a rapazada chega sobre as 11 a berrar e a molestar sen que ninguén lles diga nada (non somos os usuarios da biblioteca os que temos que poñer orde, hai quen cobra por iso aínda que non o faga) deixan unha horiña (se hai sorte e non madrugan) para estudar.

E que o horario de verán da biblioteca ten collóns. Eu estou de acordo que que esta xente merece vacacións (pese a que ao meu parecer eses empregados están todo o ano de vacacións, sen facer nada ou lendo o periódico) pero que contraten a alguén ou que collan as vacacións nunha época menos sinalada no ámbito de estudo. Porque que a data do fin do horario de verán, sexa o 15 de setembro, un día despois da fin dos exames en moitas universidades, ten miga.

Evidentemente non sei o presuposto que manexa a Biblioteca, nin as aportacións que fai o concello, pero creo que as cousas estanse a facer moi pero que moi mal. Espero, desexo, que coa noticia do Faro de Vigo, teñamos sorte e que alguén faga algo para arranxar a nosa bibliteca, ese cúmulo de despropósitos.
En resumo, que temos unha biblioteca onde é imposible estudiar, con unhas instalacións precarias, uns libros efervescentes e un ambiente de recreo de instituto.
Unha pregunta impertinente ¿É certo que a casa da terceira idade vai quedar baleira?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

MOI BOA A TUA EXPOSICIÓN , TOTALMENTE DACORDO CONTIGO.
BIBLIOTECA? PODEMOSLLE CHAMAR ASÍ?

CO BEN QUE FALAS RECOMENDARÍA QUE DERAS UN REPASIÑO A LABOURA DA OMIX NON NOSO CONCELLO.OUTRA GRAN DESCOÑECIDA.EXISTE?

Anónimo dijo...

para cando nese multiusos...unha escola de cantería???jajajaj...e o q faltaba...

Anónimo dijo...

por suerte o por desgracia deje de ser estudiante hace algun tiempo pero siempre recordare la biblioteca como algo penoso, los horarios, el ruido, mobiliario, ... no puedo mas que estar totalmente de acuerdo con lo que has dicho

 
/* Comenta
*/