viernes, 22 de junio de 2007

Preguntas impertinentes: aestradadixital

¿Qué pasaría se aestradadixital houbese escollido WiMAX en vez de Wi-Fi? (Non so en melloría da calidade da rede se non económicamente tamén).

¿Cantos cartos aforraríanse(aforraríannos) se nos ruralcentros houbesen escollido sistemas operativos linux en vez de sistemas operativos windows? (Por se alguén argumentase pola facilidade de uso, dicir de antemán que a suite ofimática que utilizan é OpenOffice e o navegador web é o firefox)

¿Por qué case ano e medio despois do lanzamento de daestradix (o sistema operativo de aestradadixital para os estradenses) e que anunciasen, a día 8 de febreiro de 2006 que "O Sistema Operativo, con estándar Ubuntu (un referente a nivel mundial) poderá descargarse de forma gratuita a partires da vindeira semana no portal oficial de A Estrada Dixital (www.aestradadixital.org)" a día de hoxe aínda non pode ser descargado?

¿Cando pensan rexistrar o nome co que xa moitos bautizamos o proxecto... "Trapallada Dixital"?

3 comentarios:

Anónimo dijo...

outro dos nomes é ESTAFA DIXITAL.

Anónimo dijo...

por certo nesta web da estragada.com hai un bo resume da situación da estrada dixital co software libre.

aestragada.com enlace da nova

Anónimo dijo...

Esta moi ben e moi bonito iso de internet wifi. PERO SEN METIRAS. Cando comezou a estrada dixital, os primeiros dias podias descargar no que se refire a programas de p2p como ares, utorrent, bitorrent, azureus... a 120kb/s sen ningun tipo de limitación, o que propiciou que decidise darme de baixa de telefonica, logo reduciuse a 50 e agora a 6, isto tendo eu a sinal perfecta e cos test de velocidade feitos de 900 e pico de subida e 1000 de baixada. Isto é un engano, para que queremos 1 mega de velocidade prometido ¿para ler o periodico ou abrir un e-mail? RIDICULO. O outro dia chameinos e saime unha rapaciña que non tiña nin idea do que lle estaba a falar cando lle preguntei se estaban filtrando os portos para os p2p, diciame que non que iso habia que abrilos no router e que xa estaba, insistindolle en que iso xa o tiña mais que feito, puxome con un tecnico que tampouco sabia q responder, asi ata que me puxeron a Carlos e me dixo que si que estaban "priorizando" a navegación, que chiste, estos o que non queren é pagar mais a ono e dar o mega que prometen a todos, asi limitan a velocidade para que non comamos o ancho de vanda que nos prometeron, para que asi haxa para repartir, PATETICO. O peor e a xente á que están enganando con tonterias, o que non din e que che dan un 5% da velocidade que prometen para descargar por exemplo un videoclip por p2p.

Saudos.

 
/* Comenta
*/