viernes, 22 de junio de 2007

Instala Ubuntu 7.04 Feisty de forma fácil e nun "plisplás"

Como un estradense calquera que son, estou interesado, bastante interesado, nas novas tecnoloxías e cada vez, doume conta, que o futuro da informática está no software libre frente ao software privativo.
Non me vou a poñer a explicar os pros e os contras de Linux e Windows, porque para iso procurades información en Google e vos sairán mil millóns de blogs ou páxinas en todos os idiomas do mundo explicándoo con pelos e sináis.
Simplemente direi unha cousa: Se usas un windows pirata, estás vulnerando a lei. Se eres particular, non pasará nada (a Microsoft interésalle que os particulares usen windows, sexa legalmente ou non, para que no ámbito laboral utilicen windows) pero se es un empresario, e a tua empresa usa windows piratas, sen licencia ou unha licencia para 3 ordenadores... Ten de seguro, que se te pillan, vas ter que poñer o cu en pompa e agardar para que che den ben e duro.
¿A solución? GNU/LINUX, un sistema operativo máis seguro e eficiente que Windows, con case a mesma compatibilidade cos dispositivos hardware que windows (esto non é culpa dos sistemas linux, se non das empresas de hardware que por unha escura razón non fan controladores para ditos sistemas), gratuíto e fácil de instalar.
Dende aquí, para usuarios iniciados ou non, recomendo Ubuntu. Unha distribución de linux basada en Debian, que na actualidade, é quizáis a máis extendida entre os novatos no tema ou nos non tan novatos. Ubuntu non é máis difícil de usar que windows, se ben ao meu parecer, windows é máis difícil de utilizar que Ubuntu.
Moita xente, ademáis, pensa que linux é unha cousa de frikis informáticos, que hai que controlar para instalalo e utilizalo, pero nada máis lonxe da realidade. Os principáis obxetivos desta distribución de linux, son a facilidade de instalación e a facilidade de utilización.
Pero por se alguén quere animarse e bótase atrás por culpa da maldita instalación, aquí vos deixo un “tutorial” de como instalar linux nun momento.

O primeiro, é baixarse Ubuntu 7.04 Feisty Fawn da súa páxina de descarga. Deberedes baixar un Desktop CD que sexa acorde as características da vosa computadora, se é un ordenador "normal" será x86 e se é de arquitectura 64bits (de AMD), deberedes lanzaros a baixar 64-bits (AMD64) CD.
Como nota, dicirvos que non vos asustedes de que a páxina está en inglés, xa que todas as distribucións de Linux son multilenguaxe, polo tanto poderedes ata escoller o galego como idioma da vosa Ubuntu.
Cando teñades baixada a imaxen de CD, deberedes grabala nun cd co Nero, cousa moi doada xa que sólo hai que premer en abrir/open na pantallita que te abre o inicio. Escolles en ver "Todos los archivos", clicas na imaxe de CD baixada e aceptas.
Cando tes a imaxe grabada, simplemente tes que reiniciar o ordenador. Se tes a BIOS ven configurada (se non terás que ir a Advanced Setings ou Boot order, dependendo do tipo de BIOS e escoller o CD-ROM como primeiro dispositivo de arranque) comezaredes a vivir o mundo da Ubuntu.
¿Qué por qué digo isto? Porque o CD que baixaches, é un LiveCD, un sistema operativo que se carga en memoria principal e execútase dende o CD, vamos que en resumidas contas, podes traballar como se estiveses nun sistema operativo instalado no disco duro, pero se apagas o ordenador, todos os cambios iranse ó garete. Pero isto non é o que nos interesa, así que vaiamos á instalación. Pulsamos instalar.

1. Selección da linguaxe. Pese a que queirades escoller a Ubuntu en galego, por motivos que máis adiante explicarei, agora escollede o español, logo xa o trocaremos.
2. Seleccionamos a zona na que vivimos. Isto é para regular a zona horaria, así que escollemos Madrid e prememos seguinte.
3. Selección de teclado. Como non temos variantes distintas ao teclado castelán, escollemos Spain ou Español "a secas", o primeiro, o que non ten variantes.
4. Agora toca o momento máis "complicado" da instalación. O particionamento. Se queredes deixar windows no disco duro, ou outro sistema operativo, deberedes escoller a primeira opción, a que di Guiado cambia el tamaño de... Como vedes, xusto debaixo hai unha muesca, na que poderedes axustar o tamaño da partición que ides conservar para windows e o espacio libre que ides deixar para ubuntu. Se non queredes conservar o windows, pulsades na segunda opción e adiante.
Tamén podedes facer o particionado Manual, recomendable para usuarios avanzados, onde poderedes escoller o tamaño da partición e os puntos de montaxe, recordando que como mínimo debe de haber un para o sistema raíz (/) e outro para SWAP (que é recomendable que sea do tamaño da RAM*2).
5. Migración de documentos. Unha das novas funcionalidades de Ubuntu, é que podes migrar documentos ou archivos do teu interés das contas de usuario de windows ao teu novo sistema operativo Linux. Simplemente elixes o que queres e pulsas adiante. Se non queres seleccionar nada, pulsa adiante e listo.
6. Usuario e contraseña. Aquí deberedes escoller o voso nome. o nome de usuario e a contraseña para entrar no sistema. Ademáis debedes de escoller un nome para o voso equipo. Cando rematedes, premede adiante.
7. Agora mirades que todo sexa correcto e pulsades de novo adiante. ¡E xa está! Agora, mentras instala o sistema operativo nuns minutos, podedes navegar por internet ou fozar algo no LiveCD, para matar o tempo.
8. Cando remate de instalar, simplemente pulsades en botón de Sistema -> Salir -> reiniciar (ou na opción reiniciar do menú de instalación) e quitades o CD da lectora (moi importante)
9. Agora aparecerache un xestor de arranque, chamado GRUB, no que poderás elixir se entrar en ubuntu (primeira opción) ou ir a windows (que estará na sección "Other Operating Systems"). Cando entras en Ubuntu (despois de loguearte), deberás actualizalo. Aparecerache xa unha mensaxe de que hai actualizacións dispoñibles. Pulsas no icono de notificación, introduces a túa contraseña e listo. Cando acabes de instalar as actualizacións, deberas reiniciar o sistema. (Se non aparecese a mensaxe de actualizacións dispoñibles, deberedes ir a Sistema->Administración->Gestor de paquetes Synaptic).
10. Instalando Automatix2. A razón de que vos dixen que instalárades a Ubuntu en español, radica aquí. O Automatix non detecta a versión da Ubuntu se o idioma está en galego, polo tanto imos a instalar automatix e a configuralo e despois xa cambiamos o idioma.
Pero o primeiro... ¿Que é automatix? Automatix é unha ferramenta que arranxa a vida de todo novato en linux, xa que é un programa, unha ferramenta, dende a que podes instalar todos os codecs e programas indispensables para a tua Ubuntu simplemente seleccionándoos e premendo start/empezar.
O primeiro paso, é baixar o paquete de automatix2, que o podedes baixar de aquí (versión para Ubuntu 7.04 Feisty Fawn x86. O resto das versións están aquí). Clicades en él (ou escolledes a opción abrir en vez de gardar como) e escribides a vosa contraseña. Agora pulsades en instalar paquete e agardades a que instale.
Cando remate, dirixídevos a Aplicaciones -> Herramientas del Sistema e premedes en Automatix.
Despois de comprobar a vosa versión, aparecerá unha ventana con duas pestañas, unha de install que é para instalar e outra de unistall que é para desinstalar. Nos queremos instalar, así que vexamos o que vos recomendo instalar por categoría:

- Burning and Ripping: Brasero
- Chat Clients: aMSN
- Codecs and Plugins: AUD-DVD Codecs, Flash Player, Mplayer and FF Plugin, Multimedia Codecs e Sun JAVA 1.6 JRE.
- Email Clients: CheckGmail se tendes correo de Gmail.
- File Sharing: Azureus (cliente torrent) e Amule (O emule de Linux)
- Media Players and Editors: VLC
- Miscellaneous: Automatix read/write NTFS and FAT32 Mounter, Ctrl-Alt-Del, Extra Fonts, Nautilus Scritps.
- Office: Adobe Reader 7.0, Google Earth, Google Picassa.
- Utilities: Beagle, GFTP.
. Virtualization: Wine.
** NOTA: Se tendes unha tarxeta ATI instalade os drivers de ATI.
Seleccionades todos estes programas (paquetes) e premedes start. En algúns vos pedirán que aceptedes licencias, deberedes marcar donde pon que aceptas a licencia e logo aceptar, se so aceptades non instalará.
Cando teñades todo listo, pechades automatix e so quedan uns flecos.


11. Trocando o idioma ao galego: Sistema -> Administración -> Soporte de Idioma. Seleccionades Galician e instalades o que vos manden. Logo en idioma predeterminado escolledes Galician e listo. Deberedes reiniciar o sistema para que os cambios surxan efecto.

12. Apt-get e cambio de contraseña de root. O root en Linux, é o superusuario, o administrador que pode realizar CALQUERA acción no sistema. En Ubuntu, o root ven "desactivado" ou a lo menos non nos proporcionan a contraseña. Así que nada, abrimos un terminal en Aplicaciones -> Accesorios -> Terminal e escribimos:
sudo passwd

pediranos a nosa cotraseña e a escribimos (pese a que parece que non escribes nada pero si que o fas) prememos intro e pediranos a contraseña de root. Escollemos unha, a escribimos, a confirmamos e listo.
Ben, a contraseña de root e indispensable para utilizar o comando sudo, que é un comando que serve para executar accións con privilexios de superusuario sen selo. E isto é indispensable para utilizar apt-get. apt-get, é unha ferramenta de Debian, polo tanto de Ubuntu, que serve para instalar paquetes de forma moi doada en modo consola. Poñamos como exemplo o Konversation, cliente de chat de KDE.
Abrimos terminal (se non pechaches o de antes tamén sirve) e escribimos:
sudo apt-get install Konversation

Agora o sistema pediranos a contraseña e que aceptemos s/N a instalación. Escribimos s e listo. Xa se encarga él de buscar todas as librerías e de instalar os programas no noso sistema.
13. Problemilla do aMSN. O aMSN é o cliente de MSN máis extendido en sistemas linux. Pero a última versión utiliza un paquete de seguridade TLS que da bastantes problemillas. Para instalalo simplemente hai que facer o que di este blog.


Ben, pois xa tendes unha Ubuntu cons programas esenciales e funcionando perfectamente. Agora so vos queda disfrutar e visitar páxinas como Guía Ubuntu onde atoparedes toda a información necesaria sobre esta gran distribución de Linux.
E fago este tutorial de Ubuntu e non de desastrix, digo de aestradix, porque entre outras moitas cousas aínda non se pode descargar (pese a que xa hai dous anos, se non me faian as contas que se ía poder).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

eu son partidario de empregar debian, non cousas raras como ubuntu xDD

Estradense dijo...

bah é o mesmo con diferente merchandaising ;PP

Anónimo dijo...

Should you tell you on a false way.

 
/* Comenta
*/