miércoles, 20 de junio de 2007

Cambio!

Como todos saberedes, o día 27 de Maio, os estradenses conseguimos botar do goberno local a un partido político, que en dazaseis anos, o único que fixo por A Estrada, demagóxicamente falando e facendo un resumo bastante rápido, foi facer rotondas e rematar co crecemento do pobo.

Nin os propios socialistas, pensaban que ían gañar as eleccións coa posibilidade de gobernar en solitario, pero parece ser que esta vez, o pobo sí actuou e votou en consecuencia. Os estradenses habían conseguido un goberno, que todo facía indicar que sería unha coalición PSOE +BNG, facendo un goberno forte, combinando así unha lista do PSOE, que o meu parecer era a mellor preparada das que se presentaron ás eleccións (con Suso Tallón, que é sen dúbida o mellor político de A Estrada) e a introducción de moitos puntos do programa do Bloque, que para min se non era o mellor de todos, polo menos era o que menos mentiras dicía.
Pero non todo ía ser de cor de rosa. Onte, día 19 de xuño, o PSOE e o BNG, anunciaron nun comunicado que as negociacións polo pacto para gobernar, non chegaron a bo porto, motivado quizáis pola “racanería” dos socialistas e as excesivas pretensións dos nacionalistas. O PSOE gobernará so, grazas a súa maioría simple, pero como pensamos os máis pesimistas, será un goberno feble, un goberno que sería máis forte se houbese contado coa axuda do BNG.
¿Qué nos espera ós estradenses con un goberno de maioría simple?

Pois poderían pasar varias cousas, pero a que a min se me asemexa a máis probable, é a seguinte:

  • "A Oposición do NO” por parte do Partido Popular. Se Miguel de la Calle non dimite, que é probable que non o faga (€€€€€). O líder do PP, demostrará como no ámbito comunitario ou nacional, que o seu partido non sabe estar na oposición. Él e o seu partido opoñeránse a toda acción do goberno local porque sí e votarán en contra de toda acción do equipo de goberno de Dono, comezando así unha era de crispación e barullo político.
  • Posición de CideGa. Pese a que Reboredo dixo que non ía votar en contra do PSOE nos plenos... ¡fíate ti dun político! haberá que agardar e comprobar se esa é a postura de Reboredo ou actuará coma moitos pensamos, da man do PP.
    Ademáis, en Setembro, co xuizo por corrupción urbanística ao que está “convidado” con actores do peso de Chito Campos, podería anunciar a súa dimisión como presidente do partido, deixando paso a Juan Torres, quen non sabemos se seguirá ese “dogma de non agresión”.
  • ¿Axuda do Bloque?. Como partidos de esquerdas, pese a quen lle pese o BNG é un partido de esquerdas, o PSOE e o Bloque, terán na maioría das ocasións as mesmas opinións nos plenos, polo tanto existe a posibilidade, pese á recente rotura de negociacións polo pacto de goberno, que Dono teña o apoio do BNG na maioría dos proxectos a votar. O problema (ou a sorte) será cando o BNG non esté de acordo, pois seguramente, pese a non votar en contra no pleno, absterase de votar, deixando vía libre para que os rapaces do PP se finalmente conseguen o apoio de CideGa, “veten” todo proxecto que poidan.
Pero todo esto, como xa dixen, é a opinión de un nobre servidor. Pero o que é certo, é que para a desgracia dos estradenses, non teremos un goberno tan forte como todos esperábamos ó saber os resultados das eleccións. Haberá que agardar, e a ver que pasa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustariame darche a benvida o Mondo Blog Da Estrada , espero que che vaia todo ben neste novo blog e nesta travesía que comezas .tamén moitas Grazas por poñer ligazón do noso Blog das Novas xeracións.

Pero sobor de todo reiterame na miña Benvida e Felicitación pola estrea.

unha forte aperta.
un do PP.

Anónimo dijo...

¿Sabedes quén é a responsable do urbanismo?
Irene Aguiar non era a do PP????.A mín pareceme que os do PSOE xa están marcando unha liña definida hacia onde van.O Reboredo agradecialle moito a Espiño o seu apoio no PXOM, e agora collen para urbanismo a unha do PP.....Si ao remate...¡eiquí todos pensan o mesmo!.
¿troucamos o é o mesmo can?

 
/* Comenta
*/